Blogia
Andresadas

Regreso de Andresinho...

Exames, exames e máis exames...

Tres semanas con agovio, tensión permanente, angustia, soidade, nervios... É horrible, se total non serven para nada... A maioría das cousas que "estudei" non as lembro... Nin un lixeiro recordo... E deixánnos tres días de descanso coma se iso fose a hostia... Menos mal que agora podo tomar a vida con relax e con calma... Ó menos hoxe sen estudar, aprendín o inimaxinable, ó ver a película O acorazado Potempkin... Recoñezo que é un pouco pesada, ó non ter os oídos acostumados a que non se ouva nengunha voz... Pero as impactantes imaxes misturadas coa lograda música fan deste feito histórico (demasiado esquecido) unha obra maestra... Pensar que nun día aprendes máis que nunha semana é alentador... pero tamén desconcertante...

 

2 comentarios

Miguel -

Tanto dramatismo non lle acae. Modere a súa dramatización que todo dios sabe o que son os exames e para que sirven...pero hai que facelos mentres alguén non se atreva a facer algo mellor.
Coincido con eue: aghora a vivir ou a rañala, o que máis lle pete.

eue -

Parabéns, Andrese. Aghora a vivir! Eu tamén che son fan do Acoirazado Potemkin